Cunha gala que será "máis bonita e con máis poderío". Con esa carta de presentación, os Premios Feroz ultiman os preparativos da cerimonia coa que se despedirán de Pontevedra tras dous anos coa Boa Vila como sede.
"Até aquí chegamos e chegamos fenomenal", sinalou a presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE), María Guerra, que destacou a acollida "incrible" que Pontevedra brindou aos Feroz.
A do sábado será, segundo Guerra, unha gala na que estes premios queren facer toda unha declaración de intencións. "Aquí cabemos todos", sinalou.
Non só porque nesta edición opten por catro presentadores, Samantha Hudson, Petra Martínez, Elisabet Casanovas e Antonio Durán 'Morris', senón porque defenderán a súa vocación de servir como garantes da liberdade de expresión.
Para a presidenta da AICE iso é "importantísimo", sobre todo "no momento no que estamos" e ante o que os xornalistas "debemos informar e non insultar".

Os guionistas da cerimonia, Javier Durán e Diego Soto, están "cos colmillos máis afiados" que nunca, garantiu a responsable destes premios, e están a ultimar un guion no que "con intelixencia e humor" quere ser un reflexo de "convivencia".
Os seus presentadores, que compareceron este xoves ante a prensa, levan ensaiando desde o pasado luns, un traballo no que "nos estamos divertindo moitísimo", explicou Elisabet Casanovas, e no que forman unha especie de "compañía de teatro".
O feito de repartirse o peso da gala, segundo Samantha Hudson, "é un alivio" e permítelles "gozala máis" xunto a uns compañeiros que son unha mostra da diversidade "que hai na realidade" e cos que logrou que "cada un teña o seu espazo".
"Está a ser como un campamento de verán", bromeou a artista, mentres que Petra Martínez, a máis riseira de todas, destacou que o lugar no que se celebrará a gala "é un sitio precioso e moi grande".
'Morris', que porá o acento galego á cerimonia, engadiu que a gala será exemplo de que "a diferenza encaixa", formando entre eles un quebracabezas "que parece unha soa cousa" e que fará que "moita xente o goce".
Se o conseguen, sinalou o actor, "será unha marabilla", xa que lamentou que "cada vez é máis difícil neste mundo xuntar á xente, que socialice e o pase ben".

No que tamén coincidiron todos os condutores da gala foi nos seus eloxios a Pontevedra e os seus habitantes pola acollida que lles brindan desde hai varios días.
Petra Martínez, que recoñeceu que "hai sete anos que non viña", asegurou estar a gozar moito nunha cidade que "é das máis tranquilas e preciosas" do país e onde a súa xente lles está tratando cun agarimo "inmenso".
"Facíame falta este reencontro con Pontevedra", sostivo Samantha Hudson, cuxa anterior estancia fora "moi fugaz". Agora, afirma que "puiden vivir a cidade", algo que apuntou que "o estou gozando moitísimo".
Pasear polas rúas e a súa gastronomía é o que máis lle gusta dunha cidade que espera que se "manteña así de fermosa e así de peonil", xa que considera que é un "oasis fermoso" ante a tendencia de transformar as urbes en "produtos para turistas".

Os catro presentadores da gala dos Feroz, xunto aos organizadores