Preocupación entre o persoal de limpeza polo novo contrato municipal

Pontevedra
13 de decembro 2019

O comité de empresa sae ao paso das declaracións do concelleiro responsable da área, Raimundo González Carballo sobre os concursos dos dous primeiros lotes que afectan á limpeza de dependencias municipais e á de instalacións deportivas

Traballadores do servizo de limpeza viaria da cidade
Traballadores do servizo de limpeza viaria da cidade / Mónica Patxot

O Comité de empresa que representa aos traballadores da recollida de lixo, limpeza viaria e limpeza de interiores ven de trasladar a súa preocupación polo novo contrato de concesión deste servizo do Concello de Pontevedra.

Este comité sae ao paso das declaracións do concelleiro responsable da área, Raimundo González Carballo sobre os concursos dos dous primeiros lotes que afectan á limpeza de dependencias municipais e á de instalacións deportivas.

O Comité de Empresa rexeita que se divida o contrato por lotes, "xa que as razóns dadas por este concelleiro para facelo non están obrigadas pola normativa europea ".

No caso de executarse esta forma de contratación advirten que a medida "repercutirá no servizo aos cidadáns de forma negativa" e sinalan que "ao longo do tempo podémonos levar a futuros conflitos laborais non desexados ".

"Repercutirá no servizo aos cidadáns de forma negativa"

O goberno local que adxudicar ao longo do primeiro semestre de 2020 a limpeza das 53 sedes que ten o Concello, que sairá a concurso por 485.620 euros. A futura empresa concesionaria terá que facerse cargo de todos os edificios con oficinas, así como as casas de cultura, centros sociais, cemiterios, naves e outros locais que acollan servizos públicos.

O segundo contrato é o das instalacións deportivas, cun orzamento de licitación de 270.165 euros.

A limpeza dos colexios sacarase a concurso noutro lote quedando para o final a contratación da limpeza viaria e a recollida de lixo.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora