Preocupación en Marín polos problemas de execución nas obras do viario de praias

Marín
28 de marzo 2026

O Concello optou por pintar de maneira provisional a zona de estacionamento do viario mentres non se corrixe a colocación do bordo que delimita o carril bici do de tráfico rodado

Sinalización provisional no vial de praias Concello de Marín

A Brigada do Concello de Marín realizou este xoves un pintado provisional na zona de estacionamento do viario de praias, xusto antes da praia de Portocelo, para evitar que os vehículos estacionen este tramo.

A medida adoptouse mentres non se corrixe a colocación do bordo que delimita o carril bici do de tráfico rodado, que a día de hoxe impide o paso de autobuses.

Desde o Concello sinalan que a situación nesta zona xerouse por erros na execución da obra, que depende da empresa contratada para a actuación no viario de acceso ás praias.

O goberno local ha expresado a súa "profunda preocupación" con esta empresa, cuxa situación mercantil está a xerar moitos problemas nas obras públicas que está a executar, tanto no termo municipal de Marín como noutras localidades e administracións.

Aos defectos de execución, súmanse atrasos nos prazos do proxecto, o que dificulta que a obra avance dentro do cronograma establecido no contrato.

Por iso, o Concello indicou que se están estudando as vías administrativas existentes para avaliar como proceder coa execución da obra.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora