Presentada a quinta edición da marcha 'Pontevedra en marcha contra o cancro'

Pontevedra
26 de setembro 2023

A proba, non competitiva e para todos os públicos, celebrarase o vindeiro domingo 8 de outubro a partir das 10.30 horas, con saída na Avenida Montero Ríos. O seu obxectivo é recadar fondos para a investigación sobre esta enfermidade

Presentación da quinta edición de 'Pontevedra en marcha contra o cancro' Mónica Patxot

Recadar fondos para financiar a investigación contra o cancro é o obxectivo da quinta edición de 'Pontevedra en marcha contra o cancro', marcha que foi presentada oficialmente este martes no Concello de Pontevedra.

Trátase dunha proba non competitiva que se celebrará o vindeiro domingo 8 de outubro a partir das 10.30 horas, con saída na Avenida Montero Ríos. 

"Son poucos quilómetros, 6,75, e apta para todos os públicos, para correr ou camiñar", explicou a edil Anabel Gulías, para quen "o importante é que todo o mundo nos involucremos".

Todo recadado no evento organizado pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) destinarase a continuar fomentando a investigación sobre esta enfermidade, financiando proxectos coa meta de alcanzar o 70% de supervivencia no ano 2030.

As inscricións, a un prezo de 12 euros para os adultos e de 6 euros para nenos e nenas de 4 a 12 anos, poden formalizarse ata o 4 de outubro na sede da AECC ou na páxina web da marcha