Presentan 18 propostas para as diferentes canles de televisión no Clúster Audiovisual Galego

Pontevedra
20 de novembro 2019

Tras a recepción na Casa da Luz, este mércores arrincaba no Pazo da Cultura a décimo terceira edición desta cita audiovisual na que se presentan ideas para producir

Recepción a participantes no Clúster Audiovisual Galego Cristina Saiz

O Pazo da Cultura acolle desde a mañá deste mércores a décimo terceira edición do Clúster Audiovisual Galego (Clag) no que se presentan ideas para producir por produtoras, canles televisivas e distribuidores. 

Tras a recepción que a concelleira de Promoción Económica Yoya Blanco realizaba este martes na Casa da Luz aos asistentes a esta cita audiovisual, no inicio do evento presentáronse 18 propostas ante os responsables de contidos de diferentes medios de produción

Durante a xornada desenvolvéronse reunións persoais para tentar que se alcancen acordos entre os creadores e as empresas interesadas nos proxectos, que ofrecen unha gran variedade de xéneros e de formatos con, entre outros, series de ficción, documentais, longametraxes ou series de animación.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, interviña co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente do Clag, Jorge Algora na inauguración. 

Durante o encontro fíxose referencia aos bos datos que o audiovisual galego ofreceu ao longo de 2019, con recoñecemento fóra de Galicia grazas a proxectos como 'Las nuevas olas', de Jaione Camborda e 'O que arde', de Oliver Laxe.

No evento participan representantes de RTVE, Mediaset España, Movistar+, CRTVG, Aragón TV, TV3, Grupo Euskatel, Filmax, A contracorriente Films, DeAPlaneta, Portocabo ou Atípica Films.