Preséntase ao exame para recuperar os puntos do seu carné cun pinganillo e píllano

Pontevedra
23 de marzo 2022

A Garda Civil sorprendeu na aula de exames da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra a un cidadán que realizaba exames para a obtención do permiso de conducir, con medios técnicos destinados a envío de imaxes e recepción de audio, que consistían nun dispositivo bluetooth, auricular e cámara.

Dispositivo intervenido pola Garda Civil durante a realización do examen teórico de conducir Guardia Civil

A Garda Civil sorprendeu na aula de exames da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra a un cidadán que realizaba exames para a obtención do permiso de conducir, con medios técnicos destinados a envío de imaxes e recepción de audio, que consistían nun dispositivo bluetooth, auricular e cámara.

A identificación foi practicada polos compoñentes do GIAT do Subsector de Tráfico de Pontevedra, cando se atopaban realizando labores de inspección e control documental na realización dos exames teóricos do permiso de conducir da clase B.

Co fin de non interferir no proceso de exames do resto de opositores, esperouse á finalización das probas para proceder á identificación do cidadán, veciño de Vilanova de Arousa, de 39 anos, o cal realizaba o exame para a recuperación de puntos no seu permiso de condución, xa que non quedaba ningún.

Por iso interviuselle os medios técnicos utilizados e quedou automaticamente excluído do exame.

É frecuente que os compoñentes do GIAT do Subsector de Tráfico realicen controis sobre os cidadáns que realizan as probas do exame teórico do permiso de condución, debido a que non é a primeira vez que se emprega este tipo de método, mesmo suplantacións de identidade nalgúns casos.