Entre o luns e o martes, preto de 500 bolseiros elixirán a empresa na que van desenvolver un ano de prácticas, financiadas pola Deputación no marco do segundo Plan de Práctica Laboral unha iniciativa, "única en España", que leva xa facilitado o acceso ao mercado de traballo "a preto de 2.000 pontevedreses con titulacións universitarias ou de FP", dixo o presidente da institución provincial, Rafael Louzán.
O presidente da Deputación animou aos novos bolseiros a "aproveitar ao máximo esta magnífica oportunidade" que lle pode abrir as portas do seu futuro laboral, unha cuestión para o que lles recomendou flexibilidade "ao igual que sucede coa empresa, pola vosa banda tamén debe existir flexibilidade para que exista un acordo entre as partes que vos vincule laboralmente para o futuro con esa empresa".
Louzán indicou que os técnicos da institución van velar para que as condicións laborais sexan "as que temos conveniadas coas empresas. Por iso pídovos toda a vosa colaboración e flexibilidade para que ese contrato laboral sexa duradeiro".
A instrucción de Louzán débese a que en anteriores convocatorias, houbo algún caso no que os bolseiros non sentiron a gusto coa empresa que elixiron ou, ao revés, que por parte da firma viron que o bolseiro non reunía as condicións que demandaba.
76 BOLSEIROS DA COMARCA DE PONTEVEDRA
Do total de bolseiros que se beneficiarán desta iniciativa, 76 farano na comarca de Pontevedra. A maioría farao na capital da provincia, onde se ofertan prazas en 68 empresas.
A elas súmanse 4 no concello de Poio, 2 en Barro, 1 en Cotobade e outra en Ponte Caldelas.
BOLSAS DUN ANO
Todos eles comezarán as súas prácticas o vindeiro un de outubro, con bolsas de seis meses prorrogables por un ano.
A contía da bolsa é de 800 euros para titulados universitarios e de 700 para titulados de FP, que serán financiados integramente pola Deputación, que tamén correrá cos gastos dos correspondentes recoñecementos médicos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.