Preto de mil persoas retiraron outros tantos tíckets que lle dan dereito a degustar churrasco de porco celta, sardiñas, pan e viño na festa que terá lugar no pavillón de deportes de Cerdedo este venres á noite para celebrar a tradicional noite de San Xoán.
Por outra banda, un total de 31 persoas solicitaron autorización para levar a cabo fogueiras públicas e privadas durante a noite de San Xoán que deberán cumprir cunhas medidas de seguridade para evitar accidentes e que se produza nengún percance.
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, decidiu manter este ano a celebración do San Xoán ao pavillón municipal de Deportes de Cerdedo para evitar calquera ameaza de choiva que poidera arruinar este evento festivo e gastronómico que se atopa xa moi consolidado entre a veciñanza.
A festas do San Xoán de Cerdedo comezará o venres 23 de xuño a partir das 21:30 horas no pavillón municipal de deportes onde as persoas que retiraran o ticket de 5 euros terán dereito a comer churrasco de porco celta, sardiñas, pan e viño. A partir das 00:00 horas da noite procederase a prender a fogueira. A animación musical da festa correrá a cargo de Disco Móvil "On by Chito".
Ademais, haberá unha caseta da Indicación Xeográfica Protexida polo que os asistentes a esta festa poderán mercar todo tipo de produtos.