Primeira toma de contacto entre o PP e Ciudadanos de Pontevedra para "estreitar lazos"

Pontevedra
08 de setembro 2014

Ciudadanos de Pontevedra presentouse ante o PP local co obxectivo de "estreitar lazos para o ben común dos cidadáns"

Xuntanza entre o PP e Ciudadanos de Pontevedra Ciudadanos de Pontevedra

Os membros da executiva de Ciudadanos (C's) de Pontevedra reuníronse co PP da local con motivo da presentación desta nova formación pontevedresa.

A coordinadora da agrupación, María Rey, destacou que este partido "se une á vida política local presentando a súa directiva ás formacións da cidade porque no seu ánimo está sumar esforzos co obxectivo de responder ás demandas dos cidadáns".

Segundo trasladan dende Ciudadanos, o presidente local do PP, Jacobo Moreira, valorou positivamente o encontro.

O ideario básico de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía nútrese do liberalismo progresista e do socialismo democrático.

Ademais da coordinadora, María Rey, ao encontro tamén asistiron Lucía Maneiro, secretaria de Ciudadanos; Alfonso Rodríguez, responsable de Política Municipal; José Rivadulla, responsable de Relacións Institucionais e Davinia Marí, responsable de Comunicación.

Por parte do PP, ademáis de Moreira asistiron María José Rodríguez e César Abal.