Primeira xornada sen máscara no transporte público

Pontevedra
09 de febreiro 2023

Desde este mércores 8 de febreiro, as persoas usuarias do transporte público xa puideron viaxar sen necesidade da protección que se mantiña para evitar os contaxios da covid-19

Persoas sen máscaras agardan a chegada do autobús este mércores 8 de febreiro Mónica Patxot

Pouco a pouco e con total normalidade, as persoas usuarias do transporte público comezaron a adaptarse este mércores á medida que este mércores entraba en vigor da fin da obrigatroiedad de levar máscaras protectoras nos sistemas colectivos de pasaxeiros.

Carolina Darias, ministra de Sanidade, afirma que a decisión se adoptou co parecer favorable dos expertos da Ponencia de Alertas, Plans de Preparación e Respostas, e tras escoitar os integrantes do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

A estabilidade e a tendencia á baixa dos casos de covid-19 provocou esta eliminación das máscaras nos transportes públicos.

O uso obrigatorio dos tapabocas vai manterse, pola contra, en centros e servizos sanitarios; nas oficinas de farmacia e botiquíns; ademais doutros centros sociosanitarios.

Desde o goberno aconsellan o uso das máscaras no caso de que as persoas presenten sintomatoloxía compatible cunha infección respiratoria aguda e ás persoas vulnerables. Tamén se recomenda en espazos pechados e en eventos multitudinarios, así como na contorna familiar e en reunións ou celebracións privadas, en función da vulnerabilidade dos participantes.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora