Apenas tres meses despois de despedirse da Escola Naval, onde completou parte da súa formación militar, a princesa de Asturias, Leonor de Borbón, está de volta en Marín.
Será, iso si, unha estancia moito máis breve que a anterior. Só uns días.
A princesa Leonor está a participar no Campionato Deportivo de Academias Militares para Oficiais, Interacademias 2025, que este ano se celebra na escola marinense.
Esta competición reúne a equipos formados por alumnos das diferentes academias militares de España, a Academia Xeral Militar (Zaragoza), a Escola Naval Militar (Marín), a Academia Xeral do Aire (San Javier) e a Academia Central da Defensa (Madrid).
En concreto, segundo confirmou a Casa Real, a herdeira ao trono competiu xunto aos seus compañeiros da súa academia actual, a do Aire.
Fíxoo participando no equipo de esgrima que enviou o seu centro a Marín.
As probas deportivas continuarán até o vindeiro luns.
Cada alumno pode participar como máximo en tres das disciplinas que, entre outras, inclúen inclúen fútbol, baloncesto, natación, esgrima, atletismo, tríatlon, tiro comprimido ou vela.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.