Prisión provisional, comunicada e sen fianza. Esa é a situación na que quedaron dous do catro detidos o pasado martes pola súa implicación na brutal agresión a golpes e coiteladas rexistrada na praza de Barcelos.
Na agresión víronse implicadas unha decena de persoas. Tres mozos resultaron feridos, catro foron detidos pola agresión e un quinto está identificado como sospeitoso, pero aínda non foi arrestado porque se atopa en paradoiro descoñecido.
O catro detidos permaneceron nos calabozos da Comisaría da Policía Nacional desde a súa detención na tarde do martes até primeira hora da mañá deste venres. A partir das 9.30, empezaron a chegar ao xulgado para a súa posta a disposición xudicial.
Compareceron ante o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, cuxa titular acordou de madrugada o ingreso en prisión de dous e a posta en liberdade con medidas cautelares para os outros dous.
A causa xudicial séguese polos delitos de lesións agravadas e homicidio en grao de tentativa.
Aos dous implicados que quedaron en liberdade a xuíza impúxolles comparecencias apud acta, retirada do pasaporte e prohibición de saída do territorio nacional. Así mesmo, ditouse a prohibición de aproximacion e comunicación coas vítimas.
A xornada resultou maratoniana no xulgado, pois rematou, segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), á unha e media da madrugada do venres ao sábado.
Durante o día, ademais dos detidos, tamén prestaron declaración as testemuñas da pelexa, que se rexistrou a plena luz do día, a media tarde, nunha céntrica praza da cidade.
A agresión comezó con golpes e continuou co uso dun coitelo que foi recuperado pouco despois nas inmediacións.
A investigación logrou de determinar a implicación de cinco agresores e agora deberá continuar para aclarar os feitos con máis detalle.
Os catro detidos son naturais de Colombia e Brasil e teñen pouco máis de 20 anos. As súas vítimas teñen orixe magrebí e idades similares.
Un do tres feridos xa recibio o alta, pero os outros dous permanecen ingresados nos hospitais Montecelo de Pontevedra e Clínico de Santiago pola gravidade das feridas sufridas.