Proban como quedará a visión nocturna da ponte do Burgo

Pontevedra
17 de xullo 2020

As obras encaran xa os seus últimos retoques e, para comprobar como quedou a contorna, na noite deste xoves fíxose a primeira proba de iluminación. Probouse a iluminación do taboleiro que está inxectado de distintos puntos de luz amosando o Camiño de Santiago 

Proba de iluminación da ponte do Burgo Concello de Pontevedra

As obras da ponte do Burgo encaran xa os seus últimos retoques e, para comprobar como quedou a contorna, na noite deste xoves fíxose a primeira proba de iluminación. 

En concreto, probouse a iluminación do taboleiro que está inxectado de distintos puntos de luz amosando o Camiño de Santiago.

Na proba estivo o concelleiro de Obras urbanas, Demetrio Gómez, que nestes días confirmou que as obras teñen que estar rematadas a 31 de xullo, cando se recibirá oficialmente a obra.

Na actualidade, a obra, que está financiada polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), só está pendente de rematar a instalación da iluminación que xa está colocada no taboleiro central e tamén nun dos laterais.

Nas dúas semanas que quedan ata esa data límite do 31 de xullo, a empresa Setga, adxudicataria da nova iluminación, rematará os traballos pendentes para a entrega definitiva da obra.