Programan un calendario de desbroces para manter en perfecto estado todo o municipio de Marín

Marín
03 de marzo 2023

Irase ejecutando por zonas desde este mes de marzo. Foi presentado esta mañá polos concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín

Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín
Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín / Concello de Marín

No mes de marzo, o Concello de Marín iniciará a campaña de limpeza e roza dos viarios do rural. Así o anunciaron os concelleiros de Medio Ambiente e de Medio Rural, Marián Sanmartín e Pablo Novas, que mantiveron unha reunión cos representantes da Fundación Juan XXIII.

Para a realización destes traballos o Concello contará cunha brigada de rozas a pé da entidade social, que realizará os labores nos camiños e viarios de paso estreitos aos cales non se pode acceder co tractor desbrozador do Concello.

A planificación dos traballos responderá a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios. Co fin de facilitar a comprensión do calendario de intervencións o Concello porá a disposición esta información na súa páxina web. Con todo, a través da prensa irase dando información puntual do avance dos traballos.

Ademais dos traballos de roza manual e dos traballos co tractor municipal, o Concello contrata os traballos de roza mecánica en todos os viarios de titularidade municipal, debido ao crecemento rápido da vexetación na época primaveral e para garantir a seguridade viaria. Esta liña de traballo facilita o contacto das persoas con discapacidade coa veciñanza de Marín e axuda a mostrar “porta a porta” as capacidades deste colectivo de poboación. Así é a disposición de zonas:

Zona 1: Marzo. Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Brancas, A Raña e Outeiro 

Zona 2: Abril. Zonas entre a liña de costa e a estrada PO-551, dende a Escola Naval ata a Praia de Lapamán: Portocelo, Barriada de Mogor, O Monte, Raposeiras, Aguete, A Gorita, Montecelo, Loira, Bouzón, Moledo, Teoira e Casás.

Zona 3: Maio. Resille, Lameiro, Cabodevila, O Pazo, Igrexario de Ardán, Picotes, Malvido, Vilaseca, Xuncal, Xermade, O Con, Bexa, Soaxe, Seixo, A Brea, Castro, Porteliña, Cidrás, Aniñada, Sequelo, Sete Espadas, Cruceiro do Vento, Outeiro, Igrexario de Mogor e Bagüín.

Zona 4: Xuño e xullo. Carballal, Igrexario de San Xulián, Grela, Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre, Macenlle, Moreira, Pardavila, Fixón, O Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igrexario de Santo Tomé de Piñeiro, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns e Pastoriza

A limpeza de montes terá lugar en agosto e setembro. Montes do Barrio de Mogor, Monte Pituco, Monte Casal, Cruceiro do Vento, Monte Teixugueiras e Monte Castro da Subidá.