A concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra pon en marcha unha serie de cursos formativos dirixidos a mellorar a empregabilidade da poboación.
O departamento que dirixe Yoya Blanco, en colaboración con Ara Formación, organiza tres cursos de operador de carretilla, limpeza de locais comerciais e limpeza hospitalaria e en aloxamentos turísticos.
Todos eles terán unha duración de 40 horas prácticas non laborais en empresas pertencentes a estes sectores, mentres que a parte teórica desenvolverase no local da academia na rúa Nova de Arriba.
O número total de prazas para estas sesións formativas que comezarán en maio é de 15 por curso e terán prioridade persoas en situación vulnerable, desempregadas ou mulleres vítima de violencia machista.