Propoñen como festivos locais en Marín os días das virxes do Carme e do Porto

Marín
02 de setembro 2021

A comisión de Cultura valorou marcar o 16 de xullo e 8 setembro como festivos locais no calendario para o próximo ano, unha decisión que será tomada definitivamente polo pleno

Procesión da Virxe do Carme en Marín PontevedraViva

A comisión de Cultura do Concello de Marín tratou este xoves a definición dos días festivos a nivel local para o 2022. 

A proposta recolle as dúas datas que tradicionalmente son festividade: o 16 de xullo, día da Virxe do Carme, e o 8 de setembro, día da Virxe do Porto, patroa da vila.

Agora, terá que aprobarse de xeito definitivo este calendario no pleno da corporación, que se celebrará o próximo xoves.