Proposta do PP para crear o novo centro de saúde de Meis fronte ao actual espazo sanitario da Rochela

O Salnés
06 de xaneiro 2022

O Partido Popular de Meis presentou ante a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a súa proposta para concretar o espazo onde se vai construír o novo edificio do centro de saúde

Zona onde se atopa o actual centro médico de Meis
Zona onde se atopa o actual centro médico de Meis / Google Maps

O Partido Popular de Meis, que ocupa a oposición na corporación municipal, presentaba este mércores á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a súa proposta para que se atope un espazo no que se acolla o novo Centro de Saúde de Meis, que proxecta o goberno autonómico.

Os populares consideran que este edificio debe construírse nun terreo edificable, situado fronte ao actual centro sanitario de Rochela. Indican que esta zona de Paradela é o mellor espazo para recibir unha infraestrutura destas características, nun terreo próximo ao actual e nun terreo que, segundo expoñen, adáptase ás características que demanda o Sergas para iniciar a tramitación.

O PP sinala que a Consellería de  Sanidade mostrou a súa disposición para que o municipio de Meis conte con este novo centro no que estarían previstos máis servizos sanitarios que os actuais para atender á poboación.