Prorrogada ata o 14 de marzo a reforma das rúas perimetrais do Gorgullón

Pontevedra
13 de decembro 2021

Como en outras ocasións semellantes, o atraso nas actuacións vén provocado pola crise mundial de subministros e materiais

Obras na rúa
Obras na rúa / Paula Sanmartín

A portavoz do Goberno Local de Pontevedra, Anabel Gulías, deu conta este luns da aprobación dunha prórroga para as obras de acondicionamento da contorna das rúas do Gorgullón.

Anabel Gulías lembrou que esta obra está financiada con fondos europeos (Edusi) e que continúa a gran reforma do Gorgullón que xa foi levada a cabo.

"De novo, igual que en outras ocasións, vémonos na necesidade de conceder esta prórroga por mor da falta de materiais e de abastecemento no sector da construción", explicou Gulías. 

A prórroga quedou aprobada este luns en Xunta de Goberno Local, logo dos informes técnicos previos necesarios, para poder continuar con esta obra. Agora, a empresa responsable desta actuación terá de data límite o 14 de marzo do 2022 para o remate das obras.