Protección Civil de Poio colaborará en eventos organizados en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
06 de maio 2017

Todo tipo de actos sociais, culturais ou deportivos que se celebren en Ponte Caldelas contarán coa colaboración da agrupación de Protección Civil de Poio. Así o anunciou o goberno municipal caldelán, tras o convenio asinado entre o alcalde, Andrés Díaz, e o responsable da agrupación, Manuel Vicente Caamaño

Sinatura do convenio entre o Concello de Ponte Caldelas e Protección Civil de Poio
Sinatura do convenio entre o Concello de Ponte Caldelas e Protección Civil de Poio / Concello de Ponte Caldelas

Todo tipo de actos sociais, culturais ou deportivos que se celebren en Ponte Caldelas contarán coa colaboración da agrupación de Protección Civil de Poio. Así o anunciou o goberno municipal caldelán, tras o convenio asinado entre o alcalde, Andrés Díaz, e o responsable da agrupación, Manuel Vicente Caamaño.

O Concello de Ponte Caldelas achegará unha subvención de 2.000 euros para axudar á compra de material e vestiario. Os membros da agrupación comprométense, pola súa banda, a achegar os medios humanos e materiais que axuden á correcta celebración destas actividades, no marco dos servizos e competencias deste tipo de agrupacións.

Ademais, tamén realizarán tarefas preventivas en situacións de posibles emerxencias.

Ambas partes pactaron xa o calendario de actuacións ao longo do ano, sen prexuízo de situacións extraordinarias. O convenio deixa claro que as funcións de Protección Civil non teñen que ver coa seguridade cidadá nin coa organización dos estacionamentos.

Tamén acóutase a actuación baixo as ordes de empresas privadas, dado que a relación debe ser sempre co Concello de Ponte Caldelas.