Nova xornada de mobilizacións contra a "invasión eólica" de Galicia e da comarca.
A plataforma 'Eólica así non' convocou para este domingo concentracións de protesta en diferentes puntos de Galicia, entre eles Pontevedra, Marín e Campo Lameiro.
"Coas últimas reformas normativas introducidas polo PP no Parlamento de Galicia, facendo gala da súa política de imposición, a Xunta concédelles ás eléctricas o dereito de volver a tramitar aqueles proxectos eolícos que agora están paralizados cautelarmente", explicaba o manifesto lido na pontevedresa Praza da Peregrina.
O problema, aseguran, é que estes últimos pasos da administración "deixan totalmente indefensas as poboacións afectadas por esta invasión eólica".
Por iso reclaman unha nova planificación do sector eólico que "terá que vir da man dunha necesaria moratoria das instalacións eólicas que están agora en tramitación".
Na manifestación pontevedresa púñase o foco en particular no proxecto que se tramita no Monte Castrove e que está preto de ser autorizado.
Pola súa banda en Marín a ameaza é un proxecto para instalar 15 aeroxeradores nos montes do Morrazo.
Estas protestas estaba inicialmente convocadas para o domingo 26 de xaneiro con motivo do Día Mundial das Enerxías Limpas, pero tiveron que ser suspendidas polo temporal.

Concentración convocada por 'Eólicos así non' na Praza da Peregrina