O proxecto europeo Farclimate e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra uniron forzas para impulsar a adaptación ao cambio climático no sector pesqueiro e costeiro.
Este proxecto, financiado pola Unión Europea, ten unha duración de catro anos e aborda os desafíos climáticos cun enfoque interdisciplinario e multisectorial. A UE achega 4,7 millóns de euros e o goberno suízo, 383.625.
O obxectivo é comprender os impactos do cambio climático en sectores económicos locais e desenvolver solucións innovadoras para a pesca, a agricultura e a silvicultura.
Entre as súas accións destacan a creación de plans de xestión sostible, a promoción de solucións baseadas na natureza e a capacitación de comunidades para fortalecer a súa resiliencia.
A Universidade de Vigo e Fundamar participan en esta colaboración reforzando o compromiso coa sustentabilidade e a adaptación na Ría de Pontevedra, da que desde o GALP destacan que é "unha zona especialmente vulnerable para os efectos do cambio climático".
A través desta alianza, impulsaranse iniciativas concretas para mellorar a capacidade de resposta do sector pesqueiro e fomentar a transición cara a un modelo máis adaptado ao cambio climático