O PSOE denuncia que Sanxenxo "apagou" o servizo de Emerxencias en Noiteboa

Sanxenxo
24 de decembro 2025

Critica que o goberno local mandou o persoal para casa nun dos días con máis risco e incidencias do ano. Consideran a decisión "inadmisible" e que supón "xogar coa seguridade da veciñanza"

Patrulla da Garda Civil e camión do servizo de Emerxencias de Sanxenxo
Patrulla da Garda Civil e camión do servizo de Emerxencias de Sanxenxo

O PSdeG-PSOE de Sanxenxo acusa o goberno local de "apagar" o servizo municipal de Emerxencias en Noiteboa. 

Cuestiona que este mércores, 24 de decembro, mandou o persoal para casa nun dos días con máis risco e incidencias do ano, unha decisión "inadmisible" e que supón "xogar coa seguridade da veciñanza".

"O que está en xogo non é un trámite nin un custo: é a seguridade de Sanxenxo", sinalan os socialistas a través dun comunicado. 

Ante esta situación, esixen restablecer de inmediato a cobertura operativa do servizo e tamén unha explicación pública de "quen ordenou o peche, con que criterio e que plan real hai para a seguridade cidadá".

Tamén piden convocar xa unha mesa de negociación con calendario, actas e compromisos e garantir medios, persoal e condicións dignas, sen recortes encubertos.

Para os socialistas, "Sanxenxo non merece un goberno que vota contra o diálogo e despois apaga Emerxencias en Noiteboa".

Realizan esta afirmación logo de contextualizar esta situación nun "conflicto" que xa tivo un episodio destacado no último pleno da Corporación, no que o grupo socialista presentou unha moción para crear unha mesa de negociación urxente, mellorar medios e condicións laborais e garantir a continuidade do servizo.

O PP votou en contra, algo que, para os socialistas, significa que "rexeitaron o diálogo e hoxe chegan as consecuencias: peche e desprotección". 

Consideran que "é a política do castigo e da soberbia, non a da solución".

Ademais, os socialistas engaden que o goberno local trasladou ao pesoal que "tería preferido pechar antes que pagar o complemento por ser un día sinalado". Esta cuestión no cuenta con confirmación oficial.