Quince creadores pontevedreses participarán na primeira Sétima Feira

Pontevedra
11 de febreiro 2016

Sétima Feira é unha iniciativa que busca dinamizar a escena creativa da vila favorecendo un espazo para a venda e o emprendemento, apostando pola colaboración entre os novos creadores e o comercio local

Novos creadores e emprendedores presencian a presentación de 'Sétima Feira'
Novos creadores e emprendedores presencian a presentación de 'Sétima Feira' / Mónica Patxot

O sábado 13 de febreiro é o día da Sétima Feira. Quince postos cheos de creatividade participarán na primeira edición deste evento cultural que, debido á chuvia, celebrarase no primeiro andar do Mercado de Abastos a partir das once da mañá.

Sétima Feira é unha iniciativa que busca dinamizar a escena creativa da vila favorecendo un espazo para a venda e o emprendemento, apostando pola colaboración entre os novos creadores e o comercio local.

Nesta primeira edición participarán EME Clothes and Bags (roupa e bolsos), Estudio de Caligrafía María Sancho, a creadora de bolsos e complementos Marly, O'Ras (artista en graffiti), La Platanera (deseño), Mis galletas y otras cosas (pastelería e cociña), Anaí Lago (artista), Pandora Fanzine (creación multidisciplinar), Estrellas o Limones (tenda infantil), Papp UV (gafas de sol ecolóxicas), Lara Torres (ilustración), Evasión (artes plásticas), Droguería Moderna, Carballo Estrela (moda), Lagasca Vintage (moda e accesorios vintage) e Estudio Pacheco (deseño gráfico e fotografía).

Ademais, haberá unha pulpeira e actividades infantís creativas e haberá música en directo coa actuación do grupo Australia e o DJ JC

Estas foron as iniciativas seleccionadas tras un proceso de convocatoria e selección que se repetirá todos os meses. Neste sentido, para a seguinte edición, que terá lugar no segundo sábado de marzo, xa está aberta a convocatoria.

Arquivado en