A xulgar polo nutrido público que asistiu durante este chuvioso sábado á primeira planta do Mercado de Abastos, a estrea da Sétima Feira foi todo un éxito.
Un total de quince creadores ocuparon outros tantos postos enchendo de imaxinación e vida a baleira estancia da Praza pontevedresa.
Atraeron ademais a un público inédito por estos lares, o que gustou tamén aos habituais do Mercado.
A do sábado foi unha xornada tan diferente que a Sétima Feira mesmo logrou cambiar o son bullicioso das bancadas, polas risas dunha comparsa carnavalesca de peixeiras e a música do grupo Australia e do DJ JC.
Na estrea da Setima Feira participaron EME Clothes and Bags (roupa e bolsos), Estudo de Caligrafía María Sancho, a creadora de bolsos e complementos Marly, O' Ras (artista en grafiti), La Platanera (deseño), Mis galletas y otras cosas (pastería e cociña), Anaí Lago (artista), Pandora Fanzin (creación multidisciplinar), Estrellas o Limones (tenda infantil), Papp UV (lentes de sol ecolóxicas), Lara Torres (ilustración), Evasión (artes plásticas), Droguería Moderna, Carballo e Estrela (moda), Lagasca Vintage e Estudo Pacheco (deseño gráfico e fotografía).