A Sétima Feira combínase co Galegote Rock este sábado no Mercado de Abastos

Pontevedra
12 de maio 2016

O cantante Davide Salvado e unha intervención de dj's centrarán a actividade musical desta combinación de novos creadores co mercado tradicional

Presentación da Sétima Feira de este sábado 14 de maio
Presentación da Sétima Feira de este sábado 14 de maio /

Tradición e modernidade volven citarse este sábado no Mercado de Abastos na Sétima Feira, un evento que se celebra o segundo sábado cada mes. E nesta ocasión coincide co Galegote Rock. Por este motivo, esta nova edición dedicarase á música.

A rúa Serra acollerá este sábado 14, entre as 11.00 e as 15.00 horas, postos de venda de novos creadores vinculados ao mundo téxtil ao mesmo tempo que o cantante Davide Salvado ofrecerá un recital e levará a cabo unha sesión de dj's. No caso de chuvia, trasladarase ao primeiro andar do Mercado.

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, acompañada polo concelleiro Alberto Oubiña e representantes da asociación de praceiras, de Pontevedra Ferve e do Local de Ensaio presentaron este evento este xoves 12 no interior do Mercado de Abastos convidando a que as persoas se acheguen durante a mañá do sábado á praza.

Anabel Gulías apuntou que a Sétima Feira está a resultar rendible aos artesáns e creadores que montan os seus postos. Sinalou neste sentido, que algúns deles repiten nesta cita que combina comercio e cultura.

Arquivado en