Quince mil sinaturas piden o indulto para Ana e Tamara

Pontevedra
10 de maio 2014

A Audiencia Provincial condenou estas dúas mulleres pola súa participación nun piquete durante unha folga no ano 2010, na que se verteu tintura no vaso da piscina. Agora presentarán un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional

Recollida de sinaturas para o apoio ao indulto de Ana e Tamara PontevedraViva

A campaña de recollida de firmas xa reuniu máis de 15.000 apoios á petición de indulto para Ana e Tamara, traballadoras das piscinas de Campolongo sobre as que pesa unha sentenza firme de tres anos e un día de prisión por coaccións. Ademais da páxina change.org o sindicato Comisións Obreras instalou unha mesa para a recollida de sinaturas na praza da Peregrina.

A Audiencia Provincial condenou estas dúas mulleres pola súa participación nun piquete durante unha folga no ano 2010, na que se verteu tintura no vaso da piscina. Agora presentarán un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional.

Paralelamente os amigos e compañeiros de traballo de Ana e Tamara puxeron en marcha unha campaña de recollida de firmas para achegar a petición de indulto que tramitarán ante o Ministerio de Xustiza.