A reforma que o Concello da Illa de Arousa está a realizar na Praza do Regueiro incluirá unha novidade tecnolóxica. Instalaranse quince paneles solares que permitirán que esta área urbana logre a autosuficiencia enerxética.
Os paneis estarán situados nunha edificación de 35 metros cadrados, pensada para dar cabida a un quiosco e dous baños públicos, accesibles e gratuítos.
Estas placas, ademais de abastecer a demanda de funcionamiento da edificación, aportará enerxía suficiente para o alumeado público de toda a praza e mesmo para o sistema de bombeo de augas residuais situado no entorno e que agora funcionan con dous contadores paralelos.
“En días como os desta semana a Praza do Regueiro estará iluminada de noite a coste cero e tampouco haberá consumo eléctrico para o funcionamento do quiosco nin dos baños", explica o edil Luis Arosa, que avanza que esta "vai ser una praza sostible".
O funcionamento dos baños públicos estará ligado á concesión do quiosco, que sairá a licitación tras o remate das obras e cunhas bases que recollerán as obrigas do adxudicatario en canto a limpeza e horarios.