Quince paneis solares farán da Praza do Regueiro un espazo autosuficiente enerxeticamente

O Salnés
09 de febreiro 2023

A reforma que o Concello da Illa de Arousa está a realizar na Praza do Regueiro incluirá unha novidade tecnolóxica. Instalaranse quince paneles solares que permitirán que esta área urbana logre a autosuficiencia enerxética

Futuro quiosco da Praza do Regueiro Concello de A Illa de Arousa

A reforma que o Concello da Illa de Arousa está a realizar na Praza do Regueiro incluirá unha novidade tecnolóxica. Instalaranse quince paneles solares que permitirán que esta área urbana logre a autosuficiencia enerxética.

Os paneis estarán situados nunha edificación de 35 metros cadrados, pensada para dar cabida a un quiosco e dous baños públicos, accesibles e gratuítos.

Estas placas, ademais de abastecer a demanda de funcionamiento da edificación, aportará enerxía suficiente para o alumeado público de toda a praza e mesmo para o sistema de bombeo de augas residuais situado no entorno e que agora funcionan con dous contadores paralelos.

“En días como os desta semana a Praza do Regueiro estará iluminada de noite a coste cero e tampouco haberá consumo eléctrico para o funcionamento do quiosco nin dos baños", explica o edil Luis Arosa, que avanza que esta "vai ser una praza sostible".

O funcionamento dos baños públicos estará ligado á concesión do quiosco, que sairá a licitación tras o remate das obras e cunhas bases que recollerán as obrigas do adxudicatario en canto a limpeza e horarios.