Un quinto premio da Lotaría de Nadal, o 60649, cae en Pontevedra, Sanxenxo e A Illa

Pontevedra
22 de decembro 2025
Actualizado: 11:43

Os posuidores deste número recibirán 6.000 euros por décimo. Na capital, a sorte repartiuna a administración de lotaría número 1, situada na Rúa Michelena

60649, quinto premio da Lotaría de Nadal
60649, quinto premio da Lotaría de Nadal / PontevedraViva

Tardou en chegar, pero a sorte do sorteo extraordinario de Lotaría de Nadal deixou xa as primeiras alegrías na provincia de Pontevedra.

Foi co número 60649, agraciado cun quinto premio.

Entre outros lugares vendeuse en Pontevedra, Sanxenxo e A Illa de Arousa.

Os posuidores deste número recibirán 6.000 euros por décimo.

O 60649 foi, até o momento, un dos premios máis repartidos por toda España.

Na capital, a sorte repartiuna a administración de lotaría número 1, situada na Rúa Michelena, segundo confirma Loterías y Apuestas del Estado.

A administración de lotaría número 1 de Sanxenxo, na Rúa Madrid, tamén vendeu este 60649, que saíu do bombo sobre o dez e media da mañá.

No terceiro punto de venda na provincia, na Illa de Arousa, os décimos repartíronse desde a administración de lotaría número 1, na Rúa Travesía Cruceiro.

Nesta administración da Illa, ademais, tamén se venderon décimos agraciados con outro dos quintos premios, o 77715.