RADIO.- A playlist de... Carlos Pereiro. Un xornalista, músico e 'gamer' que oposita para ser profesor

Pontevedra
13 de abril 2019

Con 'Morcego' e A gruta de Gizamaluke en PontevedraViva Radio aúna a súa afección polos videoxogos e a profesión xornalística. Con Que Desilusión! exerceu a súa faceta musical durante un década. Preparando oposicións, Carlos Pereiro espera encamiñar o seu futuro pola docencia

Carlos Pereiro é o creador da revista dixital sobre videoxogos Morcego Mónica Patxot

Pablo Pereiro, non, non, erro. Carlos Pereiro, - ("por que me din que teño cara de Pablo?") -, é Licenciado en Xornalismo e exerce a profesión, aínda que se ve no futuro como docente, que é para o que está a preparar Oposicións. Ademais, Carlos é creador e xestor da revista dixital 'Morcego' onde dá renda solta á súa eu 'gamer'. Unha afección que comezou de neno xogando cun primo seu e unha Nintendo Game Boy, lembra en PontevedraViva Radio.

E Carlos, Charlie para alguén de máis confianza ou que o coñecera no mundo musical, foi integrante durante unha década da banda pontevedresa Que Desilusión!; aínda que primeiro foi membro de Batea Negra. O rock & roll é o seu, herdanza paterna, quen ás súas dúas criaturas poñíalles Bruce Springsteen. Na adolescencia un profesor de música da Xunqueira, Miguel, ofreceulles aprender a tocar a guitarra. E xa non soubo parar. A día de hoxe di que conta con outro ou nove guitarras.

Outra curiosidade de Pereiro, comezou a aprender chinés cun profesor nativo que vivía en Pontevedra. E un trinomio que trata de completar: o que conforman: diñeiro, tempo e saúde. Se lido así non o entendes, escoita A Playlist. A música corre a conta de Pablo, perdón, de Carlos.