Observador, reflexivo, sereno, de principios e ideas claras e evidente asertividad. Calidades sen dúbida útiles para José Ángel Vázquez Yáñez como director do centro penal da Lama. Coruñés, paisano do madridista Lucas Vázquez. En Teixeiro pasou a súa infancia, adolescencia, mocidade e coñeceu á súa muller Alba. Mil recordos que atesoura, como un pequeno colexio onde daba clases de Historia dona Maruja, don Javier ensinaba xadrez, xogaba ao fútbol sala, andaba en bicicleta, ou vívia as festas na discoteca 'Squash'.
Orgulloso dese lugar de orixe que segue visitando para gozar duns pais que xa son avós da súa filla Jimena e dos amigos. Estudou Relacións Laborais e quixo opositar. Lembra perfectamente o seu primeiro cacheo como funcionario de prisións en prácticas. Tiña 21 anos e foi en Soto del Real. Un traballo, lamenta, no que "somos case invisibles" e descoñecidos para a sociedade; os tópicos, ademais, non axudan en demasía.
É monitor de xadrez. Unha práctica, que segundo din algúns tratados fomenta a creatividade, a imaxinación, a capacidade organizativa, de análise e de resposta, require empatía, xera responsabilidade na toma de decisións, reporta equilibrio entre o racional e emocional e insignia a aceptar as regras. O resultado da ecuación pode ser perfectamente o protagonista destaPlaylist.
Ademais da prisión da Lama, o seu traballo levouno ata os centros penais de Pereiro de Aguiar, Teixeiro, Monterroso, Soto del Real e Huelva. Esta última leva pegada o nome de Camarón, cuxa voz poñía día tras día uno dos internos. Amigo dos seus amigos, sen dúbida, non se esquece do artista que teñen en casa algúns deles: Daniel Minimalia.
Nesta visita a PontevedraViva Radio, José Ángel Vázquez estima que sería esclarecedor para o cidadán visitar un cárcere. E para esta profesión xornalística falar con maior coñecemento de causa. Sen acritude.