RADIO.- A polo día da sorte...ou o da saúde!

Pontevedra
21 de decembro 2016

Aínda que non o sexa oficialmente, cada 22 de decembro chega o Nadal. Chega en forma de cantarina voz infantil. Seguro que en poucas ocasións unha cifra soa tan ben cando resulta premiada, sobre todo se coincide coa impresa nalgún décimo que levemos na carteira. Así que postos no día...moita sorte; e sempre saúde. En PontevedraViva Radio puxémoslle voz xunto a Celia Portela Vallejo.

Celia Portela no Cara a cara de PontevedraViva Radio
Celia Portela no Cara a cara de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Que terán o 13, o 15 e o 17?. Aqueles que en Pontevedra buscaron e compraron os seus décimos de loteria para o sorteo extraordinario de Nadal, deben ter as súas respostas. Trátase das terminacións que se solicitaron especialmente para este 22 de decembro como nos conta no Cara a cara de PontevedraViva Radio, Celia Portela Vallejo, da Administración de Loterías número 1 de Pontevedra, situada na rúa Michelena.

Durante a campaña para este sorteo vendéronse máis décimos que o ano anterior. Veremos se a sorte, chega na mesma proporción. Unha das curiosidades que relataba Celia refire á campaña promocional en televisión. Houbo clientes que lles preguntaron que pasaba coa mestra xubilada, porqué enganáranlle, porqué facíanlle aquilo, pero para todos foi moi emotiva.

Os empregados das administracións de lotería tamén xogan ao sorteo do 22 de decembro; e aínda que a súa alegría como a de calquera mortal chega se tes o décimo premiado; a súa tamén se presenta se do seu portelo foi ese billete. Celia Portela, imaxinou unas cantas veces esa situación. Así que chegados a esta data: sorte e se non...saúde!.