RADIO.- Aquí fórmanse e no estranxeiro atopan traballo

Pontevedra
05 de xaneiro 2017

Beatriz Ramírez é unha moza pontevedresa de 25 anos que traballa en Estados Unidos. É o exemplo dunha xeración cuxo potencial non teñen ocasión de desenvolvelo no lugar onde se formaron. Cóntanos a súa experiencia no Cara a cara de PontevedraViva Radio.

Beatriz Ramírez protagoniza o primeiro Cara a cara do 2017
Beatriz Ramírez protagoniza o primeiro Cara a cara do 2017 / Mónica Patxot

"A min o que me toca é irme fora. Pero creo que todos os que se van pensan en poder volver. O problema é cando vai ser un bo momento". Estas palabras son de Beatriz Ramírez Canosa. É pontevedresa, ten 25 anos e desde agosto do ano pasado vive e traballa en Estados Unidos. Obrigada pola carestía laboral coa que se atopou esta xeración. Unha xeración que equivale a investimento en formación académica que logo rendibiliza o estranxeiro.

Neste Cara a cara de PontevedraViva Radio, Beatriz relátanos como se preparou, e que opcións expuxéronselle para decidir viaxar ata Carolina do Norte para ser profesora de español na Universidade. Antes xa estivo en Praga, e aproveitando estas vacacións do Nadal en Pontevedra formalizou unha bolsa con destino en Inglaterra. "Todo o que sae téñoo que pedir polo si ou polo non", di.

Beatriz estivo neste estudo de PontevedraViva Radio acompañada da súa avoa Lita Ramírez. Paradoxos da vida: Lita de nena quería estudar, pero as circunstancias obrigárona a poñerse a traballar. Beatriz puido estudar, pero as circunstancias impedíronlle atopar un traballo.