RADIO.- As 'Conversas na Ferrería' falan un ano máis de afección e touros

Pontevedra
06 de agosto 2021

Entrados nas vésperas das festas da Peregrina, as 'Conversas na Ferrería' de PontevedraViva Radio fan o seu tradicional faladoiro taurino; por segundo ano consecutivo non hai feira, pero hai afeccionados, veteranos e xuvenís cos que charlar de touros

'Conversas na Ferrería' con mozos e veteranos afeccionados taurinos Mónica Patxot

Diego Fernández Curra, Elías Nogueira Oubiña e Ramón Pedras Pérez son os tres novísimos afeccionados taurinos de Pontevedra e Vilanova que participan nesta ocasión no faladoiro que anualmente ocupa as 'Conversas na Ferrería' para falar da feira que acompaña as festas da Peregrina, pero que por segundo ano consecutivo quedou suspendida.

Estes tres novos falan sobre as persoas ou circunstancias que lles motivaron este interese, como o viven ou que fan por esta afinidade co mundo do touro. Xunto a eles dous interlocutores habituais nesta charla, o afeccionado e membro da Peña Miura, Raúl Martínez e o presidente da Coordinadora de Penas Taurinas de Pontevedra, Juan Riveiro. Con eles abordamos a tesitura máis próxima e a conxuntura xeral a presente e futuro do sector taurino.

Ademais, abrimos conexión telefónica para sumar a participación nos micrófonos de PontevedraViva Radio dun dos respresentantes da empresa Prazas e Touros, propietaria da praza de Pontevedra, Pablo Lozano. Explica as razóns da suspensión desta feira de 2021 e as súas intencións a futuro.

Completamos coa intervención do presidente do Capítulo de Pontevedra da FTL, José Vicente Martín, xa finalmente Pontevedra quedou fóra do circuíto norte da liga de Novilladas; unha cuestión pola que tamén lle preguntamos ao interlocutor da familia Lozano.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora