RADIO.- As Conversas na Ferrería volven ao Festival de Eurovisión

Pontevedra
17 de maio 2019

Facer unha escapada ata o Festival de Eurovisión converteuse xa nunha cita sinalada nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio. Falamos desta 64 edición en Tel Aviv, de quinielas e de moitas outras intrahistorias do concurso musical europeo

As Conversas na Ferrería analizan e dan os seus favoritos para Eurovisión 2019
As Conversas na Ferrería analizan e dan os seus favoritos para Eurovisión 2019 / Nacho Fuentes

Paula Suárez, Luis Miguel Alonso, Antón Prieto y Daniel Seijo son os catro eurofans de Eurovisión que comparten charla esta semana nas Conversas na Ferrería con motivo da 64 edición do festival cuxa final terá lugar o sábado 18 en Tel Aviv, Israel.

Profundos coñecedores da historia e as intrahistorias do veterano concurso europeo, fan un repaso polas cancións, postas en escea, traxectorias, acertos, desacertos, favoritos nas casas de apostas, relegados, descartados, artistas invitados ou actuacións previstas para este 2019.

Non só quedan na convocatoria presente, senón que traen concursantes e cancións que quedaron na memoria ou pasaron ao esquecemento tras o seu paso por Eurovisión.

Imprescindible programa en PontevedraViva Radio para aqueles que queiran estar situados para a retransmisión por TVE o sábado 18.

Desde logo, para gustos hai cores, así que os invitados fan as súas previsións sobre os resultados cos que concluirá Eurovisión. Daniel Seijo aposta por Holanda, Rusia e Acerbaixán; Antón Prieto prioriza nos seus gustos Italia, Portugal, Francia e Holanda; Luís Miguel Alonso coloca nos seus favoritos a Australia, Suecia, Islandia e Suíza; e Paula Suárez ten nas súas quinielas a Holanda, Islandia e Suecia.