RADIO.- "As iniciativas do Puntazo permítennos expor proxectos multidisciplinares entre as empresas creativas"

Pontevedra
09 de xuño 2017

PontevedraViva Radio recolle neste Pontevedra ten un Puntazo as conclusións dos tres participantes na segunda das "Chácharasdopuntazo", que reuniron a tres empresas locais do sector creativo.

PUNTAZO
PUNTAZO / Mónica Patxot

Este xoves 8 de xuño tivo lugar a segunda das "Chácharasdopuntazo", incluída no proxecto municipal Pontevedra ten un puntazo.

Para esta ocasión a cita reuníu na Casa das Campás a tres empresas do sector creativo: Ana Seoane do deseño; José Chas da fotografía e Producciones Mutantes, do vídeo. Acompáñannos Ana, José e Gero Costas ademais da concelleira Carmen Fouces.

Todas as partes coinciden en que esta iniciativa, ademais de visibilizar os seus traballos, tamén facilita o acceso a novos clientes, xa que estes participan na proposta. Outro beneficio engadido, permite expor proxectos multidisciplinares entre as distintas empresas creativas radicadas na cidade. E un dato para apuntar, o respaldo que reciben fai que queiran asentarse e crecer en Pontevedra, "traballar desde aquí", como afirma José Chas.

Desde o Concello de Pontevedra, Fouces, expón neste programa de PontevedraViva Radio que con esta iniciativa do Puntazo creouse un "ecosistema creativo vangardista" que está a levar xa a un "principio de eclosión" que fará que a cidade sexa unha referencia neste tipo de industria como é a creativa.