RADIO.- 'Boomer el último' pon toda a súa retranca nas series televisivas dos oitenta

Pontevedra
28 de maio 2023

No segundo podcast de 'Boomer el último' Marcial Outeda e Jesús Fontanes póñennos diante do televisor (aqueles de tubo, nada de pantalla plana) para lembrar con humor aquelas series míticas coas que creceu esta xeración. Xa dispoñible para escoitar en PontevedraViva Radio

Series televisivas dos oitenta
Series televisivas dos oitenta / PontevedraViva

A retranca e a nostalxia volven unirse noutro capítulo do podcast 'Boomer el último'. Se no primeiro episodio do programa Jesús Fontanes e Marcial Outeda batéronse en duelo sobre os grupos e cantantes de música española da década dos oitenta, nesta ocasión volven facelo mirando á televisión.

Que series televisivas facíannos sentarnos ante a pantalla nun día e hora concretos? (si, daquela ou as vías na emisión prevista, ou non as vías). Marcial e Jesús tiran de memoria e traen uns cuantos títulos, sempre co seu punto socarrón e mesmo descubrindo algúns detalles que, se es da xeración boomer, igual pasáronseche por alto naquel momento. Atentos, non despistarse, que igual vos pillan por sorpresa. 

E, a quen levan á sección de 'El desguace'?, descargan toda a súa retranca sobre un recoñecido actor daquel momento que ademais de aparecer fugazmente nunha película icónica, tamén protagonizou e participou na repartición dunha das series top daqueles anos. Non desvelamos máis, o mellor é que che regales un intre de humor con eles. Pódese escoitar o podcast completo desde a ligazón que se adxunta e tamén escoitar e descargar desde a web de PontevedraViva Radio.