RADIO.- Esta vez 'Boomer o último' vén fóra de serie... dos 90

Pontevedra
05 de novembro 2023

Se na primeira tempada do podcast de PontevedraViva Radio, 'Boomer o último' fincaba o dente ás series de televisión dos anos oitenta, esta vez miran con toda a súa retranca ás series dos noventa

Series televisivas dos noventa desfilan con nostalxia e con retranca
Series televisivas dos noventa desfilan con nostalxia e con retranca / PontevedraViva

'Friends', 'Senfield', 'Twin Peaks', 'Ally McBeal', 'El príncipe de Bel Air', 'Embrujadas'... son só algunhas de series que durante a década dos noventa ofrecía a televisión, as diferentes canles de televisión. Cero plataformas. Isto facía que estes títulos, moitos ou poucos, desde a perspectiva actual, eran os que vían a práctica totalidade das audiencias. E neste capítulo de 'Boomer o último' recuperan o seu protagonismo.

Jesús Fontantes e Marcial Outeda chequean aqueles momentos televisivos, con devoción, de bo grado ou con absoluto rexeitamento para os seus gustos. Coinciden coas que foron ineludibles para tí?, convéncenche as súas críticas e queres recuperar do streaming algunha daquelas series?.

Iso si, mellores ou peores, repostas ou non, este podcast con aire nostálxico non pode pasar un minuto sen o aderezo do humor dos seus protagonistas... que nalgunha ocasión teñen que frear antes de derrapar, como din eles mesmos. O podcast completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén se descarga desde a web de PontevedraViva Radio.