RADIO.- Último programa do ano, con contido do Nadal e con público

Pontevedra
24 de decembro 2023

Jesús Fontanes e Marcial Outeda póñense en modo do Nadal para esta edición de 'Boomer o último' e contan ademais con público no estudo de PontevedraViva Radio

'Boomer o último' vén cun especial de Nadal e con público
'Boomer o último' vén cun especial de Nadal e con público

'Boomer o último' mimetízase co momento do calendario en que estamos e trae un programa especial dedicado ao Nadal. Tan especial, que para a ocasión Marcial Outeda e Jesús Fontanes fixeron un programa no que contaron coa presenza e participación de público.

Agora cabe preguntar, es de Papa Noel ou de Reis Magos?, pero houbo unhas xeracións en que a espera, a ilusión, depositábase toda en Melchor, Gaspar e Baltasar. E a xeración boomer foi unha delas.

Así que involucran ao seu público presente e convídanlles a contar: que agasallo lembras especialmente da túa infancia?, as respostas son... para escoitalas. Unhas con final feliz, outras, non o foron tanto; e é que en ocasións, os paxes dos Magos de Oriente non acaban de interpretar correctamente eses desexos que nenos e nenas poñen nas súas cartas. 

Es desas persoas ás que, un ou outros - Papá Noel ou Reis Magos -, sempre deixaban ou seguen deixando unha peza de roupa interior?, non estades sós, en 'Boomer o último' tamén e tómanllo con sentido do humor, que é o que nunca falta nestes programas.

O podcast completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén desde a web de PontevedraViva Radio pódese descargar e escoitar.