RADIO.- Cara a cara: Libraría Paz, innovando na maridaxe cos libros

Pontevedra
28 de setembro 2017

Isidro Paz e Dolores García viviron a emigración en Venezuela. Ao seu regreso a Pontevedra o matrimonio decidiu abrir un negocio, que puido ser unha imprenta, pero finalmente foi un librería. Daquela era o ano 1967. Cincuenta anos despois, é un dos seus fillos, Cano, quen rexenta Librería Paz. Falamos con él no Cara a cara de PontevedraViva Radio

Cano Paz no Cara a cara de PontevedraViva Radio
Cano Paz no Cara a cara de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

"Os primeiros recordos que teño da librería é de estar sentado na escaleira que hai para subir á parte de arriba, supoño que un Asterix ou un Tintín ou algo así; ou estudando mesmo". Quen fai este exercicio de memoria vital é Cano, fillo de Isidro Paz e Dolores García, o matrimonio que en 1967 tras regresar de Venezuela, decidiron abrir unha librería. Un negocio que puido ser unha imprenta, pero quedou en proposta por parte de Isidro.

Daquela, Libraría Paz non era o que é agora. No escaparate, os expositores e estantes ofrecíase papelería, material escolar, de escritorio, de agasallo, de oficina, adornos e figuras do Nadal, ata 'souvenirs' de Santiago de Compostela. "Había caderno, como en calquera negocio de alimentación daquela época, iso significa que había clientes fixos. A día de hoxe podería dicirche persoas que andan con nenos da man e que eran os fillos dos clientes dos meus pais".

Non só esa estampa de quen estaba ao carón e outro do mostrador cambiou nestas décadas. O sector mesmo, e a relación dentro do sector evidenciou igualmente a transformación, e a mellor, segundo comenta Cano Paz neste Cara a cara de PontevedraViva Radio.

El leva á fronte do negocio desde 1989 e introduciu no negocio unha especialización e innovación, parte por iniciativa propia, parte por necesidade no caso das redes sociais e internet. Estas obrigacións fixeron que a súa lectura pasase en boa medida a ser a de facturas, albaráns ou recibos máis que libros; como di con retranca.