RADIO.- "Coa loxística sanitaria de Galicia máis da metade dos galegos poderían estar vacinados, pero faltan vacinas"

Pontevedra
23 de febreiro 2021

No últimos once meses o sector do transporte de mercadorías evidenciou o seu carácter de esencial. En  PontevedraViva Radio chequeamos co presidente de  Asetranspo, Ramón Alonso, a situación desta actividade

Ramón Alonso, presidente de Asetranspo e Fegatramer en PontevedraViva Radio
Ramón Alonso, presidente de Asetranspo e Fegatramer en PontevedraViva Radio

Ramón Alonso é presidente de Asetranspo, a Asociación de Empresas do Transporte Discreccional por Estrada de Pontevedra; así como da Federación Galega, Fegatramer que en 2020 contabilizaba 6.819 empresas nesta Comunidade. Un sector esencial que como tal non paralizou a súa actividade no últimos once meses. Con iso, a pandemia tamén está a deixar os seus efectos.

Expoñemos no programa 'Mentres isto dure' as consecuencias que lles reportan feitos como o peche da hostalería - asi como doutras actividades do sector servizos-, as restricións ao tráfico de vehículos pesados cara ás zonas fronteirizas, o incremento do paro entre condutores e autónomos, a solicitude de certificados de vacinación ou a propia vacinación destes profesionais.

Ademais, neste momento, a loxística sanitaria é fundamental. Ben o sabe tamén Ramón Alonso pola súa actividade profesional e quen considera que "coa loxística sanitaria de Galicia máis da metade dos galegos poderían estar vacinados, pero faltan vacinas". 

O Brexit, a previsión e xestión das estradas ante fenómenos meteorolóxicos adversos, a subida do combustible, a Lei de Movilidad,... son circunstancias que se sumaron á conxuntura global e que igualmente fan efecto no sector. De todos eles e algúns máis falamos no podcast de PontevedraViva Radio.