RADIO.- Coñécete e ten personalidade ante todo, Madonna non é unha excepción

Pontevedra
25 de xaneiro 2017

"Dale la vuelta" comezou o 2017 cun manual para ser feliz, para vivir no benestar. Neste programa de PontevedraViva Radio, María González debulla unha das máximas dese obxectivo: coñecerse e ser un mesmo fronte a todo. Como "leit motiv" recuperamos o discurso que Madonna ofrecía o pasado decembro de 2016 ao recoller o premio á muller do ano nos Premios Billboard da música. É contundente.

María González no Dale la Vuelta de PontevedraViva Radio
María González no Dale la Vuelta de PontevedraViva Radio / Fotomontaje: Mónica Patxot

María González segue achegando en PontevedraViva Radio pautas e consellos para conseguir ese obxectivo que propoñía en Dale la vuelta a comezos de ano: vivir no benestar, ser feliz en definitiva. Para iso hai que tomar conciencia dun mesmo: "axustar" os nosos pensamentos, ser conscientes dos nosos valores, capacidades e o que achegamos á nosa contorna. É fundamental crer en si mesmo e ser un fronte a todo.

A motivación é un motor fundamental no día a día, e se non a hai, María achega sinxelas fórmulas para conducir a esa motivación.

Entre os exemplos prácticos que propón en cada programa nesta ocasión hai un nome propio recoñecidísimo. Madonna foi elixida o pasado decembro de 2016 para recibir o premio Muller do ano nos premios Billboard.

Durante esa gala pronunciou un contundente discurso sobre o sexismo que persiste no negocio da música, e por extensión na sociedade xeral. A pesar dos ataques recibidos por ser ela mesma ao longo de 34 anos como artista, non renuncia a ser como é.

Dobramos esa intervención para que a escoites neste Dale la vuelta.