RADIO.- Dale la vuelta: súmate á gratitude, é un paso ao benestar

Pontevedra
08 de febreiro 2017

En PontevedraViva Radio seguimos afondando con María González nese "manual do benestar". Neste "Dale la vuelta" nas positivas repercusións comporta a gratitude. Non só a un mesmo, senón tamén na nosa contorna.

María González en PontevedraViva Radio
María González en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Trátase de pequenos actos diarios, que xeran alegría, emocións relacionadas co benestar e con efecto non só nun mesmo senón tamén na contorna.

María González, recomenda neste "Dale la vuelta" dedicar un minuto, é suficiente, para agradecer infinidade de cousas cotiás. Esa gratitude reforza o noso benestar, polo que segue debullando ese manual do que fala en anteriores programas.

Ademais, seguidores de "Dale la vuelta" de PontevedraViva Radio, comparten nesta ocasión os seus agradecementos. Estamos nun programa interactivo así que podes enviar as túas dúbidas, propostas... a [email protected].

E completamos cunha recomendación que tamén reproducimos, "A historia de Saya" de Wayne Dyer.