RADIO.- Costureiras: cando a agulla e o fío era a alternativa á dureza do campo

Pontevedra
18 de novembro 2016

Ángela Rodríguez é unha lerezana que de nena quería seguir estudando; pero daquela as opcións para elixir eran diferentes. Lita é un exemplo das mulleres que comezaron a traballar desde nenas. No seu caso como costureira. Cóntanolo para este programa de Do gris ao violeta en PontevedraViva Radio.a>

Ángela Ramírez
Ángela Ramírez / Mónica Patxot

Mediado xa o século XX a profesión de costureira é unha alternativa para escapar da dureza do traballo no campo. Ángela Ramírez era unha nena de Lérez que quería estudar e non ir ao campo; as circunstancias do momento apartárona de ambos e puxérona ante a agulla e o dedal. Con once anos comezou nun taller de costura que había na Praza da Verdura, con dezasete empezou a coser polas casas e cando casou con dezanove continuou facéndoo na súa. 

Como sinala María Abelleira de MaOs Innovación Social, eran: "horas e horas de costura, día e noite, para ter feitas as encargadas para a data concertada. Coser na casa non tiña horario e había que estar disposta para atender as clientas cando o requirían. Cosían ata altas horas da madrugada para teren todo preparado xa que, ademais desde mester, polo día había que traballar  a terra e coidar dos nenos. Todos os días eran laborables".

A artrose obrigouna a limitar a dedicación ao seu traballo, aínda que a día de hoxe segue cosendo para a súa familia e os máis achegados. Muller activa e pizpireta, Lita acompáñanos neste Do gris ao Violeta para PontevedraViva Radio.