RADIO.- "Dale la vuelta": Diferenza o apetito da fame emocional e actúa en consecuencia

Pontevedra
25 de abril 2018

Sabes diferenciar o apetito da fame emocional? Neste "Dale la vuelta" de PontevedraViva Radio, María González identifica un e outro e ofrece pautas para non caer nesa sensación tan frecuente

María González, formadora no Dale la vuelta de PontevedraViva Radio
María González, formadora no Dale la vuelta de PontevedraViva Radio

O apetito, por definición é a sensación de fame ou de ganas para comer. A fame emocional, tamén reporta ganas para comer, pero non por fame, senón para satisfacer emocións insatisfeitas.

Diferenciando un e outro, María González, formadora en benestar de "Dale la vuelta" é posible buscar as causas e achegar solucións a esa frecuente sensación.

No programa de PontevedraViva Radio, ademais de identificar o apetito e a fame emocional; podes tomar varios consellos para adoptar hábitos saudables de alimentación; e anotar as referencias bibliográficas que igualmente poden servir de axuda nestes casos.

Dispós ademais dun correo electrónico [email protected] para enviar consultas sobre os temas que se abordan, ou que che poidan interesar para seguintes programas.