RADIO.- De Holanda a Zaragoza co biólogo arousán Jesús Arenas

Pontevedra
09 de maio 2021

Jesús Arenas Busto é doutor en Bioloxía. Emigrou a Holanda en 2006 e en 2019 regresou a España. O currículo deste vilagarcián inclúe a consecución da patente dunha vacina contra a tosferina. Pon nome a esta edición de 'Ponte en el mapa' en PontevedraViva Radio

Jesús Arenas Busto, biólogo e de orixe vilagarcián traballa actualmente na Universidade de Zaragoza

Jesús Arenas Busto é doutor en Bioloxía e especialista en bioloxía molecular pola Universidade de Santiago. Este vilagarcián emigrou en 2006 a Holanda, primeiro cunha estancia postdoutoral no Instituto de Vacinas dos Países Baixos, seguidamente como investigador e profesor na Universidade de Utrecht e os dous últimos anos na Universidade de Wageningen.

En 2019 cumpre o seu desexo de regresar a España. A oportunidade xurdiu na Universidade de Zaragoza, onde traballa actualmente. "O ano pasado foi un ano moi produtivo" e refírese a satisfactorios resultados que deu o labor que "viñamos facendo desde 2012", o cal evidencia, precisamente neste contexto pandémico, que a investigación científica non alcanza os seus obxectivos en meses.

O seu currículo é abafador. Como exemplos, sinalar que as súas investigacións  - motivo de múltiples publicacións científicas -, levaron a facilitar novos tratamentos en humanos contra a meninxite ou a  gonorrea;  descubir os xenes que orixinan a meninxite no gando porcino e que o seu nome está vinculado á  consecunción da patente dunha nova vacina contra a  tosferina.

Actualmente está a traballar nun "amplo abanico" de proxectos segundo avanza en  PontevedraViva Radio, uns de ámbito europeo e tamén algún coa Universidade de Vigo. Todo ese inxente traballo investigador pode conlevar importantes resultados tanto para a poboación humana como animal.

"A emigración é dura, vivino en primeira persoa, pero é unha fonte de riqueza profesional e persoal; de aprender como se fan noutros lugares as cousas" explica nesta edición de 'Ponte en el mapa' e polo que recomenda aos mozos que proben a vivir esa experiencia.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora