RADIO.- El club de la esquina trae un primeiro especial sobre Eurovisión

Pontevedra
04 de maio 2018

O próximo 12 de maio celebrarase en Lisboa o Festival de Eurovisión. Tino Domínguez á fronte do club da esquina, trae a PontevedraViva Radio un primeiro programa especial sobre este certame.

Tino Domínguez presenta "El club de la esquina" en PontevedraViva Radio
Tino Domínguez presenta "El club de la esquina" en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Ante a inmediata celebración do Festival de Eurovisión, "El club de la esquina" dedica este programa e o da próxima semana a facer un repaso histórico polo concurso.

Neste primeiro programa o músico e xornalista Tino Domínguez, inclúe as cancións que resultaron gañadoras desde 1956, ano do seu comezo ata 1979. De igual forma fai parada nos intérpretes e temas que en cada ocasión representaron a España.

A pesar de que o inicio do festival televisivo foi no 56, ata 1961 non houbo representación española. En dúas ocasións, a representación levou o primeiro lugar: en 1968 con Massiel e 1969 con Salomé.

Estas e outras moitas historias podes coñecer en PontevedraViva Radio, durante algo máis de dúas horas de programa.