Enrique Alvite é un compositor e músico pontevedrés. O seu nome trascendeu entre os medios de comunicación locais en agosto de 2015. Foi con motivo da canción que compuxera para a pontevedresa desaparecida en 2010 Sonia Igrexas. No seguinte álbum en que está a traballar, o nome de Sonia volve estar presente. Nesta ocasión cunha versión en galego. Así nolo conta no Cara a cara de PontevedraViva Radio.
"Coa alma" é o título que levará o cd e que conterá ata vinte temas. Polo momento xa leva compostos e editados dezaseis deles. Tres anos leva traballando neste proxecto profesional. Alvite afirma que non busca composicións comerciais, e que "a musa" lle vén con temas que lle rodean. Temas máis ou menos agradables e persoas igualmente próximas.