RADIO.- Mozos europeos, deportistas, desestresados e solidarios

Pontevedra
10 de febreiro 2017

As Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio volven ser numerosas. Nesta ocasión, como invitados alumnos e profesores do Instituto Vale Inclán de Pontevedra e o Lycée Felix Faure de Beauvais, en Francia. O que lles une: o Erasmus + "Young Europeans in sports YES".

Mozos pontevedreses e franceses que participan no proxecto Erasmus +
Mozos pontevedreses e franceses que participan no proxecto Erasmus + / Mónica Patxot

A actividade física e deportiva, a alimentación equilibrada e unha boa xestión do estrés son os tres vértices que durante o bienio 2016-2018 unen a alumnos e profesores do Instituto Valle Inclán de Pontevedra e o Lycée Felix Faure de Beauvais, en Francia. Trátase do proxecto "Young Europeans in sports YES". 

Este mes de febreiro, os mozos franceses han convivido nesta capital galega e contáronnos a súa experiencia nestas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio.

Durante a semana de estancia, en colaboración co Instituto Carlos Oroza, participaron en talleres de nutrición e alimentación; tiveron ocasión de manter encontros con deportistas profesionais de Pontevedra e realizar talleres de diferentes disciplinas deportivas.

Tamén houbo tempo para coñecer a cidade, actividades de lecer e tempo de convivencia coas familias dos mozos pontevedreses que os acolleron estes días.

Elyse, Paul, Marina, Carlota, Gaelle, Camille, Sofía, Natalia, Lucía, Telmo, Sloran e Hugo, son algúns dos mozos inmersos neste proxecto Erasmus +.