RADIO.- O traballo e as metas millennial en 'La transición'

Pontevedra
28 de maio 2018

Óscar Cruz reflexiona sobre o traballo e as metas millennials  en 'La transición'. Un programa "crema" en PontevedraViva Radio cos los colegas de Porco Bravú e nesta ocasión con Antón Varela, Jordi Maquiavello e Xosé Antonio Touriñán como convidados

Oscar Cruz con Jordi Makiavelo na Transición
Oscar Cruz con Jordi Makiavelo na Transición / Mónica Patxot

O traballo e as metas millennials é o concienzudo tema que para esta entrega de 'La transición' elixiu o seu condutor, o guionista pontevedrés Óscar Cruz. Un programa para o que conta cun twittero, fan de Clarence Seedorf e auténtico experto na  "vida en casa de papá e mamá",  Antón Varela. Como buscar o éxito? é a gran pregunta á que se somete en PontevedraViva Radio.

E falando de éxito, quen parece alcanzalo é Jorge Boquete. A vida está a cambiarlle, deixou o curre no supermercado e pasouse ao mundo mediático. É o claro exemplo da "meta cumprida". Unha meta que entra en clara competencia coa boiante situación de Javi Lopa. Con todo, non se achanta e lanza a súa recomendación: "o diñeiro non pode estar quieto"; así que instrúe a Óscar Cruz sobre o mercado investidor.

Ollo!, Ollo!, Ollo! porque 'La transición' non se conforma neste programa con todo isto. O invitado millennial para a ocasión é un novísimo pontevedrés de 19 anos. Jordi  Maquiavello, youtuber con máis de 20.000 seguidores na súa canle e con vocación de director de cinema. E para completar a cuadratura do círculo...un cómico de oficio...criminal!: Xosé Antonio  Touriñán. Óscar pide consello ante unha preocupante noticia que atopou: os  millennials  follan pouco.